OS MONSTROS DOS NÚMEROS.

Unha das tarefas que fixemos este trimestre foi a de crear uns monstros, pero estes monstros serán moi especiais. ¡Mirade!
Comezamos un día buscando na clase obxectos que tiveran forma de círculo, pero que... non foran tan grandes coma un folio, nin tan pequenos que non puidéramos debuxar neles. Atoparon diferentes cousas, e despois repasaron a silueta nun folio. 



Cada equipo tiña un dado, entón comezamos a ver as partes do corpo que podía ter o noso monstro, se os nenos e nenas dicían... ¡ollos! pois cada equipo tiraba o seu dado e debuxaba o número de ollos que indicaba o dado. Así fixemos con cada unha das partes do corpo: nariz, orellas, brazos, boca... E ó rematar, cada nen@ coloreou o seu monstro e púxolle un nome. 
Ó día seguinte, ca aplicación ChatteKid quitamos unha foto de cada monstro, marcamos unha raia na súa boca, e cada nen@ dixo o nome do seu monstro. E quedaron abraiados! os seus monstros tiñan vida e falaban! Aquí tedes o vídeo.



Que mellor que facer sumas con aquilo que é cercano a nós? Pois iso foi o que fixemos! Xuntamos parellas con nenos e nenas de equipos diferentes para que non coincidiran os datos. Cada un tiña unha folla onde apuntar o número de ollos, bocas, pernas... do seu monstro e os do compañeir@. Despois, fixeron a suma para ver o resultado final e poder comprobalo contando o que tiñan os dous monstros xuntos.







Comentarios