A MESA DE LUZ


Durante a semana, hai varias sesións nas que facemos desdobres (en inglés e na sesión de Estimulación da Linguaxe Oral) e isto permítenos na aula traballar con grupos máis reducidos actividades sensoriais, pequenos xogos nos que se precisan grupos pequenos, lóxica-matemática de xeito manipulativo...

E é neste momento, cando aproveitamos de ir á biblioteca do cole a crear, inventar e xogar coas mesas de luz e diferente material que hai para elas. 

Na primeira sesión estivemos coas letras e as figuras das persoas. Identificamos letras dos compañeiros de clase, de días da semana, identificamos as cores, e observamos como cando a mesa de luz cambia de cor, hay obxectos que tamén cambiaban de cor, por exemplo, os azuis e amarelos convertéronse en verdes, era maxia!!!! 
Na segunda sesión manipulamos as letras, e identificamos unha serie de animais, chegando á conclusión de que todos eran acuáticos. 


Comentarios