E SEGUIMOS CAMIÑANDO!


Comeza un novo curso, e con eles unha nova mestra. Son Vane, e este ano acompañarei ós "ananos" da clase vermella no seu camiño, un camiño de crear, experimentar, soñar, descubrir, aprender, imaxinar, pensar, equivocarse, comprender, manipular, xogar... 
Compartiremos as nosas experiencias a través do blogue, será como a fiestra da nosa aula para todos aqueles que queiran ver o que ocorre nela. Pero tamén podedes participar deixando os vosos comentarios e recomendacións.
Despegamos nunha nova viaxe...!!! 
BENVIDOS Ó CURSO 2015-2016!

Comentarios