AS ENTREVISTAS

Cada día, cando chegamos a clase, organizamos as nosas funcións. Uns nen@s son encargad@s de que os xoguetes queden recollidos, outros de que a roupa das perchas non quede no chan, outros da limpeza... É importante que cada un de nós teña responsabilidades dende pequenos porque favorece a nosa autonomía, autoestima... 
Un dos encargad@s é da asamblea. Nela miramos o tempo, día da semana, mes, os que viñeron á escola e os que quedaron na casa... e cando rematan...os seus compañeiros fanlle unha entrevista! O encargado vai respondendo ás preguntas dos seus compañeir@s. 
Foi unha tarefa moi interesante porque día a día foron saíndo preguntas novas, e cada vez, máis complexas. Ademáis, coñecemos un pouco máis ós nos@s compañeir@s, e agora, estas entrevistas serven para cando un nen@ está de cumple, podemos ver o que lle gustaba e facerlle o debuxo de regalo relacionado con eso.
Pouco a pouco, poderedes ir lendo as entrevistas dos vosos fillos. Son moi divertidas!

Comentarios