Hoxe en día podemos perdernos nunha librería ou biblioteca con miles de álbumes ilustrados marabillosos, onde nenos e maiores poden deixar voar a súa imaxinación, reflexionar sobre as emocións, os valores, a familia... Libros completos, con ilustracións preciosas, pero tamén libros onde nós temos a oportunidade de continuar o que o autor/a comezou. E este é un deles, onde Hervé Tullet, autor e ilustrador de libros infantiles onde a creatividade, a imaxinación e as artes sempre están presentes, déixanos recetas de garabatos, de triángulos, de mans,... cunha lista de ingredientes e un prato vacío, onde as nenas e nenos, serán os chefs desta receta.
Na clase somos uns afeccionados a este libro. A modo de Master Chef, poñemos o noso delantal e gorro imaxinarios de cociñeiros, e ¡mans á masa! Eu vou dicindo o ingrediente e cando rematan de poñelo no prato, levantan as mans para saber cando remataron. Tódalas receitas saen diferentes, e ademáis, traballamos a grafomotricidade, conceptos, lóxica-matemática, lectoescritura..., pero o mellor son as caras de alegría cando ven o libro e achégase unha nova receita.
Aquí vos deixo unha TARTA DE TRIÁNGULOS. ¡Esperamos que vos guste!
Comentarios
Publicar un comentario