AUTOAVALIACIÓN DO PROXECTO DOS DINOS

Na clase vermella o volcán entrou en erupción... e os dinos marcharon correndo! Entre todos fixemos unha coavaliación do proxecto cun resultado moi positivo, e aquí están as fotos da avaliación individual dos nenos e nenas. Mirade as fotos e sacade a vosa conclusión. Eu estou contentísima! e falta a miña: GUSTOUME MOITÍSIMO E AGORA ENCÁNTAME O MUNDO DOS DINOS! 
Ademáis, agradecer ás familias a gran colaboración, porque un proxecto é algo conxunto e a participación na aula e co material foi fundamental. 
E agora... rumbo a outra nova aventura!













Comentarios