CAE ESPECIALISTA.

Cae foi especialista en baloncesto, fútbol e patinete, e contou xunto con Marta e Jorge, os seus papis, e Leo o irmán, como se xoga, as regras básicas, xogadores famosos... pero, despois de compartir todo o que sabía con nós, collemos os nosos patinetes e bicicletas e marchamos ó Penedo, un dos lugares preferidos dos peques en Tui para pasar o seu tempo libre. Xogamos moitísimo e pasámolo xenial!! 
E para rematar o día, Cae repartiu cos compis tatuaxes que tamén lle gustan moito!!
Moitas gracias familia por participar!!

Comentarios