Creando contos ca aplicación CREATALES.

Despois dun obradoiro de mestras do centro con Avelino, un dos creadores da aplicación Creatales, onde explicou como usar e quitarlle o máximo rendemento a esta app, acompañounos no centro facendo pequenos talleres en diferentes aulas, e nós tivemos a sorte de participar!
Primeiro explicou ós peques como elixir as personaxes, escenarios, temáticas, engadir páxinas... e despois, repartiu Ipads para cada tres nenos e nenas, e comezaron a crear as súas historias.
Pasaron unha hora moi entretidos inventando os seus contos.
Moitas gracias ó equipo de Creatales!!!

Comentarios