A graduación dos nosos soños.

Onte foi un día moi especial para todos nós. 
O noso cole pechou as súas portas por unhas horas para reunirnos, xunto cas familias dos "Ananos de Vane" e de sexto de primaria, para vivir a graduación dos nosos soños.
Levamos varias semanas preparando este día, a celebración de que xa somos maiores, e damos un pasiño  na nosa aventura da vida. 
Nestas semanas escoitamos as cancións, pensamos que facer en cada unha, o que precisábamos...., e puxemos toda a ilusión nelas. Bailamos, cantamos, xogamos, paseamos por diferentes sitios de Tui cos nosos compañeiros de sexto, sempre coidando de nós, e desfrutamos!
Despois de moitos nervios, Onte era o gran día, e foi un día máxico. De nervios e sorrisos. De festa e emocións. De lembranzas e algunha bágoa. 
Moitas gracias ós profes do cole que participaron nunha das cancións deixándonos grabalos, pero sen saber para qué era.
Gracias as familias dos meus Ananos porque a sorpresa que me deron deixoume sen palabras.
E gracias os meus Ananos porque o día de onte e dos que non se olvidan por vós. 
E aquí os nosos vídeos da graduación:






Comentarios