MARTÍN, ESPECIALISTA EN PINTAR CON LUZ.

A Martín gústalle moito inventar cousas, pero o que non pensamos que nos foran a ensinar xunto co seu irmán e os seus papis, era... a pintar con luz!! Iso sería de verdade? Pois si, e aquí está todo o proceso e os resultados. Unhas fotos máxicas creadas na escuridade e e con luces de cores movéndose. Foi como face maxia!! Nomes, corazóns, barcos... todo iso foi aparecendo nas nosas fotos. 
Moitísimas gracias familia por ensinarnos tantas cousas!!!

Comentarios