E rematamos... soñando!

Rematou o curso, para min o primeiro ano neste cole, e cun soño cumprido, porque haberá moitos anos máis, xa que a miña praza, o meu lugar, seguirá neste grandísimo cole.
Todos temos que ter soños, porque eles nos animan a camiñar hacia adiante, a ter ilusión, a equivocarnos e crecer cos erros, a... un sinfín de cousas.
Foi un ano fantástico, 25 ananos que cada un ca súa personalidade, os seus gustos, intereses,... ensináronme tanto, aprendemos xuntos, pero non só de dinosauros ou reciclaxe, senón da vida, do día a día, das relacións, os debuxos, os deportes, a convivencia, o afecto,...
Aquí vos deixo unha ilustración para reflexionar, buscar os nosos soños e seguilos.


E un vídeo, para os meus ananos e as súas familias, que sen elas, este ano non sería o mesmo, MOITÍSIMAS GRACIAS por estar presentes dentro da aula, a participación e a confianza, GRACIAS!!!!



FELICES VACACIÓNS!!

Comentarios