PASIÑO A PASIÑO FAGO O MEU CAMIÑO.

Hoxe aconteceu algo moi interesante nas clases de infantil. Estaban @s nen@s da clase vermella ca profe Marta no patio...cando unha peregrina acercouse a preguntarlles por unha dúbida que lle xurdira na súa ruta.
@s nen@s e a profe convidaron a Marta, a peregrina, (chámase coma a profe!!) a pasar ás nosas clases de infantil e contarnos un pouco sobre qué é iso de facer o camiño... porque ademáis, polo noso cole pasan moitos peregrinos.
Ela ensinou o que leva na súa mochila, para que é o bastón e a cuncha, que hai moitos camiños e ela fai o portugués... foron moitas as cousas que aprendemos. Pero ademáis, intercambiamos email, e manteremos unha estreita comunicación, enviando fotos dos lugares por onde pasa, e tamén... nos poderá resolver algunha dúbida na investigación nun novo proxecto:

PASIÑO A PASIÑO FAGO O MEU CAMIÑO.


MOITAS GRAZAS MARTA!

Comentarios