SENTIMOS O OUTONO

O martes, saimos os nenos e nenas de infantil para sentir o outono. Visitamos a alameda, e observamos, cheiramos, tocamos... o outono. 
Ademais, tivemos tres misións:
   -1ª: observar os cambios na paisaxe co outono, e recoller follas, paos, pedriñas... que atopamos no chan, e que formarán parte da nosa aula sensorial.
   -2ª: lembramos a importancia de manter limpo o noso entorno, e pasamos a ser "axentes verdes", encargadas de recoller o lixo do chan.
   -3ª: cando chegamos á aula, pensamos palabras relacionadas ca nosa visita, creando unha nube de palabras.


Comentarios