Viaxamos xuntos con Jorge.

Xuntos comezamos unha nova experiencia na nosa clase. O ano pasado, cada un de nós foi o protagonista da semana, axudándonos a coñecer cada vez mellor ós nosos compañeir@s.
Este ano descubrimos novos lugares próximos a nós grazas o proxecto "PASIÑO A PASIÑO, FAGO O MEU CAMIÑO", e queremos coñecer moitos máis.
Por iso, a actividade que faremos en familia será: VIAXAMOS XUNTOS! E nela, compartiremos aquel viaxe en familia que foi especial para nós. E cando falamos de viaxes, tal vez pensemos en lugares moi lonxe, pero realmente, unha viaxe a un lugar cercano, pode ser moi especial para todos polos momentos que vivimos nel.
E o venres pasado, comezou a primeira viaxe. Xuntos voamos con Jorge, África, Geni e Javi ata ESCOCIA
No vídeo que fixeron puidemos ver a súa natureza, paisaxes, fauna, deportes, instrumentos, comidas... E despois, fixemos a bandeira de Escocia e comemos galletas típicas de alí. 
Foi moi divertido, e todo o que descubriron os peques foi xenial.
Moitas gracias!!

Comentarios