Visita ó albergue Villa San Clemente

Cando a peregrina Marta parou no noso cole, falounos de que durmía en albergues, e así o facían tódos os peregrinos. Pero nos, non tiñamos moi claro como era un albergue... se sería parecido ou non ós hoteis. E como temos a sorte de vivir en Tui, zona de paso do camiño de Santiago, pois buscamos en Google albergues que hai en Tui, e vendo Google Maps, descubrimos que o albergue Villa San Clemente está pegadiño ó noso cole, así que puxémonos en contacto, e quedamos para visitalo o martes 22. E este é o noso vídeo da visitia. Pasámolo xenial, Manolo fixo unha gran visita guiada polo seu albergue, e sorprendéronse da cantidade de liteiras que hai nun albergue. Ademáis, quedamos abraiados co seu xardín, as esculturas, a piscina e o parque!! Os peregrinos e peregrinas poderán repoñer as súas forzas nun lugar con moito encanto!!!
                                                      Moitas grazas Manolo!


Esta é a nube de palabras que fixemos á volta da visita.


Comentarios