Hoxe somos peregrin@s!

Hoxe vestimos roupa cómoda, mochila lixeira con auga e merenda, e moita enerxía e ilusión porque... cada mañá os peregrinos e peregrinas pasan por diante do noso cole facendo o seu camiño, e hoxe, fumos nós @s peregrin@s. 
Maiores e pequenos, en parella, tivemos a primeira misión, que era sair do cole en busca da PONTE INTERNACIONAL DE TUI, que é a unión de Portugal con España, e por onde entran os peregrinos en España cando fan o camiño portugués. 
Unha vez atopada, comezamos a buscar as frechas e cunchas para facer unha parte da primeira etapa.
Foi moi divertido porque é coma un xogo de pistas, hai que estar atentos para non perdernos do camiño, e sempre hai frechas AMARELAS!!! (que as azuis son para facer a volta do camiño!!!) e cunchas indicando. 
Todos xuntos paramos na Catedral para repoñer forzas, que xa tiñamos moita fame. E despois, un último paseo ata o cole. Os nenos e nenas de infantil quedamos no cole, que para nós xa era moito! pero algúns cursos de primaria continuaron ata Rebordáns. Uns campeóns!
Pasámolo xenial, na clase verde dixeron que ser peregrino é moi divertido! e creo que a partir de agora, atoparán frechas e cunchas en moitos sitios!


Comentarios