AS FRECHAS QUE INDICAN O CAMIÑO.


 Unha das cousas que descubrimos neste proxecto é que as frechas de cor amarelo pintadas en rochas, en sinais... son as que nos indican o camiño por onde debemos ir para facer ben a etapa e non perdernos.
Hoxe tivemos un pequeno reto por equipos e foi, con diferentes materiais de cor amarelo, tiñamos que facer unha única frecha por equipo. 
Nalgúns equipos tiveron máis dificultade que noutros, pero foi moi divertido.
E cando xa tiñamos as nosas frechas creadas, pasamos a pintalas no soporte de papel.
Foi moi divertido!

Comentarios