RICO ZUME DE FROITAS

Esta é a semana da froita fresca, e para aproveitar as froitas que van sobrando na merenda, hoxe fixemos un zume.
Primeiro limos o conto de "Unha eiruga moi larpeira", e xogamos a adiviñar as froitas polo seu olor.


Despois, pelaron as laranxas mentres eu cortaba as peras e mazás.

E por último, prepararon o zume na licuadora. Que rico e que ben o pasamos!



Comentarios