O dominó.


Polas mañás na asamblea, gústanos descubrir xogos novos todos xuntos. E aquí temos unha nova adquisición da clase: un dominó con xeados, flamencos, monos, laranxas, soles.... O xogo trae 28 fichas así que poidemos xogar cada un de nós cunha ficha.
Gustounos moito, pasámolo ben, e así tamén traballamos a nosa atención, a esperar o turno, a asociación... e ademáis, cando rematamos o xogo, os peques descubriron que tiña a forma de Z  de ZAIDA!

Comentarios