TEMOS NOVAS NA CLASE!


Hoxe chegaron a nosa clase dúas caixas cun código QR. Cando quitamos o móvil para ler a información, atopámonos con este vídeo:




Raquel de "Cociñarte", un local de comidas para levar de Tui, convídanos a ser "CHEFS" para facer unha gran comida. E como non, todos os nenos e nenas súper ilusionados dixeron que...siiiiiiiiiii!!!!!!
E cando abrimos as caixas atopámonos cas carpetas cheas de libros de receitas, soportes súper chulos, un delantal...

E este é o comezo dunha nova aventura dos ANANOS DE INFANTIL!

Comentarios

Publicar un comentario