Os nomes dos equipos.

Neste mes formamos os novos equipos de traballo, e os nomes foron postos polos nenos e nenas seguindo a temática do Proxecto de Centro "CIENCIA E TECNOLOXÍA".
Unha das actividades que fixemos foi, traballando a estrutura de folio xiratorio, escribiron nun papel o nome do seu equipo.  Cada nen@ escribía a letra que correspondía do nome do seu equipo, axudándose entre eles. 
Cando os carteliños estaban feitos, os puxemos nos recadros do panel plástico de Bee-Bot, e plantexando diferentes preguntas ó equipo, tiñan que levar a Bee-Bot ó lugar da resposta, por exemplo, qué precisan os científicos para meter os líquidos? -Botes (é o nome dun dos equipos).
Pasámolo moi ben xogando con Bee-Bot!  

Comentarios