"Un antropólogo suxeriu un xogo ós nenos dunha tribu africana. Puxo unha canastra chea de froitas preto dun árbol e dixo que aquel que chegara primeiro gañaría tódalas froitas.
Cando tocou o sinal para que correran, tódolos nenos colléronse das mans e CORRERON XUNTOS, despois sentáronse todos a desfrutar do premio.
Cando o home lles preguntou por qué correran xuntos se un deles podía gañar a froita toda, responderon:
UBUNTU, CÓMO UN DE NÓS PODERÍA ESTAR FELIZ SE TÓDOLOS DEMAIS ESTÁN TRISTES?"

Qué significa UBUNTU?
Ubuntu é a actitude mental que prevalece entre os nativos africanos que viven no sur do Sáhara e surxiu do dito popular UMUNTU, NIGUMUNTUM NAGAMUNTU, que en zulú significa "unha persoa é unha persoa a causa dos demais, "humanidade hacia os outros" ou ben "SON PORQUE NÓS SOMOS"

Bonita historia para ter presente nos nosos días, non só nas nosas aulas, senón tamén nas nosas vidas. Traballo en equipo, cooperación, empatía, diálogo, axuda... UBUNTU


Comentarios