EXPERIMENTAMOS MESTURANDO CORES.




Continuando co noso proxecto de LUCES, SOMBRAS E CORES, centrámonos nas cores e fixemos o experimento da imaxe da esquerda. Puxemos 3 vasos con auga, no primeiro puxemos colorante vermello, no segundo nada, no terceiro colorante azul, no cuarto nada, no quinto colorante amarelo e, no sexto nada. Unimos un vaso con outro cun trociño de papel.
Co paso do tempo, observamos que o papel absorvía a auga do vaso, e naqueles vasos que non tiñan colorante aparecía unha cor nova resultado da mestura do anterior e o seguinte.
Ademais de poder ver cómo se forman algunhas cores, tamén chegamos a conclusión de que tiñamos 6 das 7 cores do arco da vella nos nosos vasos.







Tamén xogamos coa mesa de luz e acetato de cores a formar outras novas mesturando diferentes cores.

Comentarios