Unha das cousas que querían saber ao comezo do proxecto de ciencia e tecnoloxía era, como se inventaran as cores (Aitana) e as lupas (Martín), e relacionado con eses intereses comeza a investigación sobre as luces, as cores e as sombras.
Na clase apareceu unha caixa cun PRISMA e unhas indicacións. Primeiro formulamos as nosas HIPÓTESES do que podía acontecer, e despois descubrimos que cando a luz pasaba polo prisma, nalgúns puntos aparecía o ARCO DA VELLA.
Agora buscaremos a explicación do acontecido!
Comentarios
Publicar un comentario