O CONSELLO D@S NEN@S. A MEDIACIÓN.

O pasado venres tivemos o Consello d@s nen@s ca orde do día que se pode ver na imaxe superior.
Como convidadas estaban as representantes do ANPA para tratar diferentes temas do patio, e ademais tivemos unha sorpresa por parte delas, e é que xa temos a bandeira do cole!



Outro dos puntos foi poñer en marcha o recuncho de mediación no patio e nas aulas, e na nosa clase, despois de facer un "role playing" e saber un pouco como funciona a mediación, pensamos características que debe de ter un mediador: saber escoitar, poñerse no lugar dos que teñen o problema, buscar solucións, axudar a tod@s nos problemas sendo imparcial...
Despois, presentáronse para ser mediadores nenas e nenos de xeito voluntario, sabendo que se trata dun compromiso importante, e que incluso pode ser que teñamos que deixar un xogo para axudar aos nosos compañeiros. 
Na votación eliximos a un neno e a unha nena que agora son os mediadores cando surxa un problema.
O profesorado estamos formándonos este ano en Prácticas Restaurativas da man da Asociación Arela, e as cuestións que utilizarán @s mediadores para tod@s @s  afectados serán as seguintes, seguindo as preguntas restaurativas:
   - Que pasou?
   - Como te sentiches?
   - Como cres que se sentiu/sentiron?
   - Como cres que se pode resolver?

Estas cuestións as engadimos ao noso recuncho da paz, que será tamén a zona de mediación da aula, quedando así:


Comentarios