Primeiros contactos coa robótica.

A semana pasada chegaron dous animais a nosa clase, pero... non eran de verdade!!!! eran de xoguete!!! Un deles era un ratonciño que lle gusta moito o queixo e que temos que indicarlle a través das frechas que ten, o camiño para chegar. O outro era unha abella, tamén con frechas que seguirá o camiño que nos lle indiquemos, e que se move sobre un panel transparente onde podemos poñer diferentes imaxes en función do que queremos traballar.
Estes foron os nosos invitados: dous robots que nos acompañarán moitas veces na aula e cos que aprenderemos a programar, a orientarnos no espacio, a contar,... 

 Primeiro observamos os robots e os botóns, por turnos programaron libremente a abella, e despois tiñan que pensar como levalas no panel, a sua fotografía (a abella estaba colocada a un, dous ou tres pasos en liña recta da foto para que fora sinxelo), e co rato tiñan que levalo ao queixo.
O primeiro contacto foi todo un éxito e os nenos e nenas estaban moi contentos da visita destes animaliños!!! Bueno... todos agás unha nena que non quixo tocar a abella porque dicía que picaban!!! esperemos que o próximo día se leven mellor!!











Aquí tedes unha mostra do rápido que aprenderon a levar o ratiño xunto ao queixo!


Comentarios