Comezamos co noso horto!



Este curso xa comezamos a poñer en marcha o noso horto.
Como cada ano, xuntamos un aula de primaria cunha de infantil, e que mellor que estar ca clase de 1º de Primaria e poder compartir aprendizaxes con eles de novo, e coa profe Marta que é unha experta no horto.

Primeiro fixemos un círculo para presentarnos e dicir o que sabemos do horto. Cas ideas previas fixemos un mapa mental.

Despois plantamos chícharos en tarros de cristal con algodón. E xa están medrando e podemos ver xenial as raíces por onde se alimentan. 
Agora temos que transplantalas para as macetas do patio. 

E algunha cousiña máis plantaremos!! 

Comentarios