REFORESTACIÓN POÉTICA


Co gallo do Día dos Bosques e o Día da Poesía o 21 de marzo, este venres 15 iremos ao monte de Areas (Tui) a plantar árbores.
Nas aulas estamos falando de que é reforestar, a importancia das árbores para nós e para o planeta,... A partir desta conversa, @s nos@s "padriños e madriñas" de 1º de primaria fixeron unha nube de palabras e delas, escolleron por equipos dúas, e inventaron unha poesía, que os nenos e nenas de 3 anos aprenderemos con eles para recitalas xunt@s.
Tamén bailaremos e cantaremos con Gramola Gominola!

Comentarios