RECUNCHO NA PEL DOS ANIMAIS.



Na clase estamos agrupados en 6 equipos de catro nen@s cada un. Este trimestre cada un deles pensou o nome do equipo, e serían animais domésticos. 
Os nosos equipos son: as vacas, os gatos, os burros, as ovellas, as galiñas e os cans.
Cada nen@ "apadriñou" o animal do seu equipo converténdose nun especialista investigando na casa coas familias, e contando ao resto da clase o aprendido.



 Ademais, tamén temos algún libro e conto da biblioteca do cole e d@s nen@s.
Moitas grazas pola participación familias!


Comentarios