A NOSA GRANXA.




No proxecto deste curso "Na pel dos animais", na clase azul investigamos sobre os animais da granxa que foi o que a eles e elas lles interesaba. 


 Como resultado da nosa tarefa fixemos unha granxa, pensando entre tod@s onde podíamos facela, os materiais que poderíamos usar e onde atopalos,... 





Na nosa granxa apareceron os animais que daban nome a cada un dos equipos, e tivemos presente onde vivían, a alimentación,...

Foi  moi divertido crear a nosa granxa e serviunos para ver o que aprendemos.

Comentarios