Grabolo Junior

Esta semana estrenamos o xogo Grabolo Junior. En asamblea todos xuntos repartimos as cartas polo chan observando cales eran as semellazas e diferenzas entre elas. Despois observamos os dous dados, e sacamos conclusións do que teríamos que facer. 
O xogo é para un grupo reducido de nenos, e consiste en tirar os dados e o primeiro que colle a carta que corresponde ao color e o animal, a leva.
Neste caso, primeiro sempre vemos os xogos en gran grupo para coñecer o funcionamento, entón fixemos unha versión na que primeiro collían a carta os nenos e nenas que levantaban a man porque a atoparan, e logo pedín a participación daqueles que non participaran.
Con este xogo traballamos: a atención, percepción visual, observación, lóxica, concentración...


Comentarios