Robotizarte arranca!







Hoxe visitáronos os chicos e chicas da fundación IgualArte para a apertura da biblioteca, e con eles, arranca o noso proxecto de centro da aula. 
Todos os nenos e nenas levarán un soporte coa primeira imaxe e a segunda para que investiguen na casa sobre que é a arte.
Previamente na aula fixemos unha chuvia de ideas sobre que é para eles a arte e o que queren saber sobre este tema. Pouco a pouco observaremos se o que pensábamos era certo ou non.


Comentarios